sábado, 16 de abril de 2022

mércores, 6 de abril de 2022

Losto Kinsky en O BIRRASETO

Estades tod@s convidados este venres 8 de abril de 2022 ás 21:00h a rocanrolear en galego con Losto Kinsky na feira da cervexa artesá de Vigo O BIRRASETO. Estaremos encantados de presentarvos unhas cantas versión do rock de tódolos tempos recen saídas do forno. Aquí vos deixamos o programa... 


 



sábado, 9 de maio de 2020

Mangallón



Aquí vos deixamos "Mangallón" , unha versión Losto do mítico tema Jump de Van Halen, gravado dende o confinamento nas nosas casiñas polo COVID-19. Que a disfrutedes!!

martes, 22 de outubro de 2019

The Liar Papers & Losto Kinsky. Dobre ración de Rock & Roll!!



No restaurante El castro e A Póla están de aniversario!!! Losto Kinsky unirase á celebración xunto a The Liar Papers, facendo as mellores versións de Rock de tódolos tempos. Moitas felicidades!!!

xoves, 1 de agosto de 2019

Losto Kinsky no Sto. Domingo de Xirarga 2019

O sábado 3 de agosto estaremos nas festas de Santo Domingo de Xirarga, a carón de Presqueiras (pobo materno do noso baixista). Ímolo festexar tocando as mellores versións de Rock&Roll de tódolos tempos, eso si, en galego... Esperámosvos a tod@s, amig@s de Presqueiras, Xirarga, Soutelo, Forcarey, Cerdedo, Beariz, Sabucedo, O Pelete, Avión... ou de onde demo sexades. Se queredes compartir unha máxica noite con LOSTO KINSKY na fermosa (e fresca) carballeira de Santo Domingo de Xirarga, alí estaremos... Rock&Roll !!!


domingo, 24 de febreiro de 2019

Fotos do concerto no "CONTRABAJO CLUB"

Moitas grazas a todas e todos os que nos acompañastes nesta noite de festa. Moitas grazas Rafa pola invitación a tocar neste mítico club. Moitas grazas Suso por regalarnos tremendas fotos... Foi un pracer subirnos a este pequeno gran escenario. Ata a próxima amig@s Lostos!!










sábado, 11 de agosto de 2018

ROCK NO HÍO - VILARIÑO

Losto Kinsky estará o MARTES 14 de agosto na praia de Vilariño (Hio) facendo as mellores versións de temas míticos do Rock, en galego; Lenny Kravitz, Bruce Springsteen, AC/DC, Red Hot Chili Peppers, Guns and Roses, Motorhead... Estades tod@s invitad@s!!!