luns, 18 de xullo de 2016

LOSTO KINSKY na Porta do Sol

Este śabado 23 de xullo a partir das 22:30 h estaremos dando caña xunto a outros grupo amigos na Praza da Porta do Sol en Vigo.


Estades tod@s convidad@s

martes, 12 de abril de 2016

SE ME QUEDO OU SE ME VOU

Dende o escenario do VIGOSÓNICO,  a versión mais galega de SHOULD I STAY OR SHOULD I GO, dos británicos The Clash,  bicos e apertas for everybody!!!

sábado, 5 de marzo de 2016

CONCERTO SÓNICO

Boas, de novo por aquí para contarvos as últimas novidades, cal foi o tremendo concerto en VIGOSÓNICO, podería extenderme en calificativos todos bos a toda a xente de esa maravilla de espacio cultural e musical que temos en Vigo, mais so agradecer a Victor, e os seus compañeiros polas facilidades que nos deron, e para mostra un botón, 7 NATION ARMY, o lostomizándolo un pouquiño O EXERCITO DAS SETE NACIÓNS, Bicos e apertas...




luns, 20 de xullo de 2015

XA ROCKEAMOS DE NOVO

Andamos tocando, despois dun longo outono, inverno e primaveira preparándonos xa vemos os brotes verdes e xa escomenzamos a rockear. Fixemos xa o primeiro directo na festa de fin de curso do colexio María Auxiliadora, acercando o rock aos nenos e pais, nos que como xa observamos, cundíu o exemplo e sorprendéronnos compartindo con grupos de rapaces como Swam Song, que xa mostran maneiras no escenario. Logo tocamos na Verbena do Carregal, xunto con grandes bandas de bos amigos como a de Os Podridos, e temos a vista varios concertos para este verán que ainda estan a se concretar. Así que xa sabedes LOSTO KINSKY anda nas ruas, e contamos contigo para que veñas a compartir connosco un pouquiño de rock,n,roll, eso sí, en galego.


CONCIERTO EN FIESTA DE FIN DE CURSO MARIA AUXILIADORA 

xoves, 18 de setembro de 2014

LOSTO KINSKY: COMEZA O CURSO



Así é, retomamos con forza o curso como os nenos, despois dun verán rariño no que houbo novidades. A mais importante foi a despedida de LOSTO KINSKY do noso benquerido batería Manuel, que deixóunos ao darse de conta de que non ia facer moita carreira connosco e decidíu seguir o seu propio camiño,... Agora en serio, desexámoste toda a sorte do mundo en todo os proxectos que poidas emprender tanto a nivel persoal como musical si se dera o caso, e non esquezas que deixas catro amigos por riba doutras lerias que puideron acontecer.


Manuel dando todo coma sempre, boa sorte compañeiro


 Pero agora tócanos seguir para adiante, e tras barallar varias opcións (agradecémoslle a Oscar e Chimay a súa disposición) xa podemos anunciar que temos novo batería, Suso Costas, de berce folk pero disposto a meter cañita xunta nos facendo rock,n,roll, e polo poco que levamos visto abofé que vos vai sorprender agradablemente, Suso "Wolf", moi benvido a LOSTO KINSKY, esperamos que o teu ingreso en LOSTO sea positivo para todos.


Losto-selfie para deixar testemuña grafico do primeiro ensaio con Suso
 (o guapiño da gorra por se non vos deches de conta)






martes, 8 de xullo de 2014

CONCRETAMOS UN POUQUIÑO MAIS...


Xa sabedes que a Praia de Patos é grande, e que o rock funciona mellor na tardiña, pois ben, estamos en disposición de darvos datos mais detallados do concerto que terá lugar o vindeiro sábado. O concerto e a festa vaise celebrar nunha finca particular que atópase na rúa da Coba, (pola zona de Prado), a altura do número 22B, aquí vos deixo o enlace do Google maps:


E a hora do concerto de rock, que escomenzará coa nosa actuación será as 21:00 horas, así LOSTO KINSKY abrirá o concerto, e despois actuarán The Blind Crows, The Soul Jacket e Super Diablo Machine.

Ainda que é unha festa moteira organizada polo clube dos Sleep Walkers, a entrada e libre e gratuita, así que contamos convosco para pasar unha boa tarde-noite de rock,n,roll. 




-Johnny, non dixeches que a festa dos Sleep Walkers era na praia de Patos, esto parece o deserto de Arizona, ti estas seguro que sabes como vai o do Google maps?
-Cala castrón e dalle caña, que xa levamos tres días buscando a festa, e a este paso vamos a quedar sen churrasco!!!








luns, 30 de xuño de 2014

Losto Kinsky na XI BIKER PARTY

O próximo 12 de xullo estaremos na praia de Patos, en Nigrán, a partir das catro da tarde celebrando a XI Biker Party cunha chea de amantes das motos e do Rock and Roll...





Entrada Gratuíta

Bar 24h
Zona de Acampada
Cea: PULPO e CHURRASCO
Concertos:
LOSTOKINSKY - THEE BLIND CROWS - SUPERDIABLOMACHINE - THE SOUL JACKETS
Mercadiño e moito máis....
Amenizado por Dj.David Rodd (buen rock and roll)
Apertura de portas: 16:00h