Amosando publicacións coa etiqueta novas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novas. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de xullo de 2015

XA ROCKEAMOS DE NOVO

Andamos tocando, despois dun longo outono, inverno e primaveira preparándonos xa vemos os brotes verdes e xa escomenzamos a rockear. Fixemos xa o primeiro directo na festa de fin de curso do colexio María Auxiliadora, acercando o rock aos nenos e pais, nos que como xa observamos, cundíu o exemplo e sorprendéronnos compartindo con grupos de rapaces como Swam Song, que xa mostran maneiras no escenario. Logo tocamos na Verbena do Carregal, xunto con grandes bandas de bos amigos como a de Os Podridos, e temos a vista varios concertos para este verán que ainda estan a se concretar. Así que xa sabedes LOSTO KINSKY anda nas ruas, e contamos contigo para que veñas a compartir connosco un pouquiño de rock,n,roll, eso sí, en galego.


CONCIERTO EN FIESTA DE FIN DE CURSO MARIA AUXILIADORA 

xoves, 18 de setembro de 2014

LOSTO KINSKY: COMEZA O CURSO



Así é, retomamos con forza o curso como os nenos, despois dun verán rariño no que houbo novidades. A mais importante foi a despedida de LOSTO KINSKY do noso benquerido batería Manuel, que deixóunos ao darse de conta de que non ia facer moita carreira connosco e decidíu seguir o seu propio camiño,... Agora en serio, desexámoste toda a sorte do mundo en todo os proxectos que poidas emprender tanto a nivel persoal como musical si se dera o caso, e non esquezas que deixas catro amigos por riba doutras lerias que puideron acontecer.


Manuel dando todo coma sempre, boa sorte compañeiro


 Pero agora tócanos seguir para adiante, e tras barallar varias opcións (agradecémoslle a Oscar e Chimay a súa disposición) xa podemos anunciar que temos novo batería, Suso Costas, de berce folk pero disposto a meter cañita xunta nos facendo rock,n,roll, e polo poco que levamos visto abofé que vos vai sorprender agradablemente, Suso "Wolf", moi benvido a LOSTO KINSKY, esperamos que o teu ingreso en LOSTO sea positivo para todos.


Losto-selfie para deixar testemuña grafico do primeiro ensaio con Suso
 (o guapiño da gorra por se non vos deches de conta)






martes, 8 de xullo de 2014

CONCRETAMOS UN POUQUIÑO MAIS...


Xa sabedes que a Praia de Patos é grande, e que o rock funciona mellor na tardiña, pois ben, estamos en disposición de darvos datos mais detallados do concerto que terá lugar o vindeiro sábado. O concerto e a festa vaise celebrar nunha finca particular que atópase na rúa da Coba, (pola zona de Prado), a altura do número 22B, aquí vos deixo o enlace do Google maps:


E a hora do concerto de rock, que escomenzará coa nosa actuación será as 21:00 horas, así LOSTO KINSKY abrirá o concerto, e despois actuarán The Blind Crows, The Soul Jacket e Super Diablo Machine.

Ainda que é unha festa moteira organizada polo clube dos Sleep Walkers, a entrada e libre e gratuita, así que contamos convosco para pasar unha boa tarde-noite de rock,n,roll. 




-Johnny, non dixeches que a festa dos Sleep Walkers era na praia de Patos, esto parece o deserto de Arizona, ti estas seguro que sabes como vai o do Google maps?
-Cala castrón e dalle caña, que xa levamos tres días buscando a festa, e a este paso vamos a quedar sen churrasco!!!








venres, 23 de maio de 2014

VINDEIROS CONCERTOS

Xa temos novas fechas, o primeiro desembarco farémolo en Cangas, na discoteca O TEMPLO, no día 14 de Xunio, a eso das 22.00 horas, xa sabedes, rock en estado puro que flúe das nosas galecovers. Tamén tocaremos na praia de Patos o día 12 de Xullo, dentro da festa que organiza o clube moteiro SLEEPWALKERS, xunto a otras fenomenais bandas.

Xa concretaremos mellor a medida que vaian saindo cousiñas, un LOSTO-abrazo para todo KINSKY.



martes, 1 de abril de 2014

VASME AFOGAR "galecover" de "UNCHAIN MY HEART" de JOE COCKER

Aquí a tendes, a versión en galego de "UNCHAIN MY HEART", como sempre as relacións de parella e a súa complexidade son o que inspira a meirande parte das cancións: eu vou tras de tí e non me fas caso, eu deixo de ir e ti vasme detras, como na vida mesma. Unha preciosa canción que adáptase a perfección a intensidade do blues lento do principio, así como a forza rítmica con tintes funks do final. Un forte abrazo a todos e todas. 

https://www.youtube.com/watch?v=Kq5PtUzAngE



luns, 31 de marzo de 2014

SON2, MAIS COÑECIDA COMO "WHOOHOOO" DOS BLUR

Velaquí outra das nosas galecovers, neste caso do famoso SONG 2 dos BLUR, canción da que gardo un bonito recordo xa que era o fondo musical do xogo do FIFA 98, que tempos aqueles!! O enlace corresponde o Concerto do Nadal pasado que déramos no Milenium, e a pesares de que a calidade da grabación non é a mellor, non perdades detalle dos fantásticos coros que fíxonos o noso benquerido público, familiares e amigos na súa meirande parte, e que xa se saben os temiñas. Un abrazo moi forte e ata o vindeiro post.


https://www.youtube.com/watch?v=mrUm-6vggZw&list=UUUafvopWWpMn7tt7BRvXRdQ


    Os nosos amiguiños do grupo Blur na festa do Albariño de Cambados, mentras o vocalista 
chicla dun Carolino, os demais esperan o seu turno mirándolle con ansia viva.

luns, 3 de marzo de 2014

SE ME QUEDO OU SE ME VOU

O prometido e débeda, aqui tendes unha das derradeiras galecovers que presentamos no concerto do Milenium do pasado nadal do 2013, "SE ME QUEDO OU SE ME VOU", do clásico de The Clash, "Should I stay or should I go". Unha aperta e seguiremos subindo temas no YouTube nas vindeiras semanas...




Os rapaces de The Clash pensando no ben que podería quedar o seu tema
"Should I stay or should I go" versioneado o galego... e xa esta feito!!!

martes, 25 de febreiro de 2014

SEGUIMOS NA LOITA

Benqueridos amigos e familia, e, por se dérase o caso de que estexa lendo estas liñas alguén que non figura en ningún dos dous supostos anteriores, (de momento) benquerido tamén. Tan só unhas pequenas verbas para contarvos as Lostonovas da banda, que segue na loita con boa saúde e moitos proxectos no maxín. Se ben e certo que dende o mes de Nadal pasado non voltamos a actuar en directo, este feito non responde a ningunha extraña circunstancia, senon mais ben a un sesudo traballo de ensaio no cal estamos a preparar novas galecovers que abofé que vos van sorprender. O outro día deunos por contar as versións que temos feito na nosa lingua galega de supertemazos de rock e atopámonos ca flipante cifra de vinteséis, e iso sen contar outros que a pesar de que xa estaban feitos, o final non chegaron a vela luz por diversos motivos. Temo-la convicción de que hoxe por hoxe somos a única banda en Galicia, e por ende no planeta enteiro que adícase totalmente a versionar en galego, sendo ese o sinal distintivo da banda, e para nos que non somos profesionais da música, senon amateurs, sen outra finalidade que procurar fama e fortuna e así deixar os nosos chollos e iniciar a sórdida e sofrida vida das estrelas de rock (jejejeje), iso e todo un logro.

Ah! e un saudiño ao noso amigo Nicolás, que subíu no youtube un video da nosa actuación do pasado ano detrás do Museo MARCO de Vigo, o tema Vértigo dos U2, (o tedes na sección de AUDIO), prométovos dende aquí que subiremos máis vídeos das últimas actuacións grabadas, moitas grazas Nico!! 

Iste é o enlace, perdoade a baixa calidade da imaxe, quedáramos co Spielberg pero ese día tiña que asistir a un casamento.


http://www.youtube.com/watch?v=XtunwQmxaX0


Foto do antedito concerto de DETRÁS DO MARCO feito a principios do ano 2013,
de esquerda a dereita Fredo, Manuel, Iñigo, Xoán e Xavi.