¡¡Vaia noite a do sábado!!, despois dun caloroso dia chegou unha calorosa noite, pero o ascenso das temperaturas non proviña do efecto dos raios do astro rey, senon da forza do rock,n,roll, nun local ideal para concertos, a sala TEMPLO de Cangas. Alí, arropados por un público entregado, mostramos as nosas galecovers, versións en galego de temas míticos, nun total de vintecatro. Foron dúas horas de rock en estado puro, cun moi bo son gracias ó técnico de mesa Xavi, que ademáis dos seus coñecementos na materia, aportou o seu material co montaxe da P.A. enteira. Quedámonos con moi boas sensacións, e só podemos agradecer a Pedro o trato recibido e felicitalo polo seu lexendario local, onde respírase rock,n,roll por tódalas súas esquinas, encantóunos. Viva o TEMPLO, e viva CANGAS.