Tras unha tempada traballando arreo na sala de ensaio, volvemos aos concertos cheos de gañas e temas novos, e con algún cambio mais, xa que o que era o noso batería, Suso, debido a compromisos tanto profesionais como personais, veuse na obriga de deixar a participación activa na nosa banda, ainda que para nos sempre pertenecerá a familia de Losto Kinsky. Moita sorte Suso en tódalas actividades que emprendas!! E agora vos conto o da nosa última incorporación, Oscar, o batería do Peloton dos Torpes, que dá un pasiño adiante, apúntase o pluriemprego e vainos axudar a facer rock,n,roll do bo.
Como exemplo das novidades que poderedes atopar na actuación deixámos aquí o clip de NACÍN PARA RODAR, versión do BORN TO RUN do boss, ainda con Suso na batería.
Abrazos e bicos para tod@s, e moito rock,n,roll...