martes, 22 de outubro de 2013

LOSTO NOVEDADES



Benqueridos amigos, o verán xa marchóu pero nos inda quedamos aquí, e con novas perspectivas para este curso que escomeza. Primeiramente os aviso de que o día 9 de Novembro temos programado un concerto en Moaña pola noitiña no marco das festas patronais na honra de San Martiño e  a Virxe do Carme, xunto a outras boas bandas. En segundo termo decirvos que estamos a preparar novas versións, xa sabedes, todas en galego, de fantásticos temas por todos coñecidos que con case total probabilidade serán presentados no mes do Nadal no noso bar amigo o Milenium no que será unha festa rachada na que procuraremos reunir a tódolos amigos do grupo para desexarnos entre todos un bo nadal e desfrutar da mutua compañía en horario de tardiña para que podan vir tamén os vosos e os nosos nenos, xa vos avisaremos con tempo, non volo podedes perder.

Unha forte aperta a todos vos.