martes, 25 de febreiro de 2014

SEGUIMOS NA LOITA

Benqueridos amigos e familia, e, por se dérase o caso de que estexa lendo estas liñas alguén que non figura en ningún dos dous supostos anteriores, (de momento) benquerido tamén. Tan só unhas pequenas verbas para contarvos as Lostonovas da banda, que segue na loita con boa saúde e moitos proxectos no maxín. Se ben e certo que dende o mes de Nadal pasado non voltamos a actuar en directo, este feito non responde a ningunha extraña circunstancia, senon mais ben a un sesudo traballo de ensaio no cal estamos a preparar novas galecovers que abofé que vos van sorprender. O outro día deunos por contar as versións que temos feito na nosa lingua galega de supertemazos de rock e atopámonos ca flipante cifra de vinteséis, e iso sen contar outros que a pesar de que xa estaban feitos, o final non chegaron a vela luz por diversos motivos. Temo-la convicción de que hoxe por hoxe somos a única banda en Galicia, e por ende no planeta enteiro que adícase totalmente a versionar en galego, sendo ese o sinal distintivo da banda, e para nos que non somos profesionais da música, senon amateurs, sen outra finalidade que procurar fama e fortuna e así deixar os nosos chollos e iniciar a sórdida e sofrida vida das estrelas de rock (jejejeje), iso e todo un logro.

Ah! e un saudiño ao noso amigo Nicolás, que subíu no youtube un video da nosa actuación do pasado ano detrás do Museo MARCO de Vigo, o tema Vértigo dos U2, (o tedes na sección de AUDIO), prométovos dende aquí que subiremos máis vídeos das últimas actuacións grabadas, moitas grazas Nico!! 

Iste é o enlace, perdoade a baixa calidade da imaxe, quedáramos co Spielberg pero ese día tiña que asistir a un casamento.


http://www.youtube.com/watch?v=XtunwQmxaX0


Foto do antedito concerto de DETRÁS DO MARCO feito a principios do ano 2013,
de esquerda a dereita Fredo, Manuel, Iñigo, Xoán e Xavi.