venres, 21 de marzo de 2014

SEMPRE LEMBRAREMOS A GEMA

Onte recibimos unha nova moi triste, a nosa amiga Gema e mais a nai faleceron na súa casa en Madrid a causa dun incendio. Quedámonos xeados. Gema desprendía unha luz especial, que a ninguén pasaba inadvertida. Asistíu a dous dos nosos concertos do pasado verán acompañada pola súa curmá e boa amiga nosa Puri, e enseguida animou a todo o mundo ca súa alegría desbordante e a súa mirada limpa e directa. Era a primeira vez na vida que acudía a un concerto de rock, e abofé que disfrutóuno coma ninguén. Sen ataduras a convencionalismos sociais se expresaba bailando e rindo con ganas fronte ó escenario. Adicámoslle unha canción e sorprendéunos a alegría e a ilusión que lle fixo, e o agradecida que quedou. Despois veu o concerto que dimos na praia, e tamén disfrutamos ca sua presenza. Pouco mais que decir, as nosas mais fondas condolencias para a súa familia. Sempre lembraremos a Gema, un anxo na terra que voltou ó ceo, o seu lar natural.