xoves, 5 de abril de 2018

INCORPORACIÓN DE OSCAR, NOVOS CONCERTOS E CLIP NACÍN PARA RODAR

Tras unha tempada traballando arreo na sala de ensaio, volvemos aos concertos cheos de gañas e temas novos, e con algún cambio mais, xa que o que era o noso batería, Suso, debido a compromisos tanto profesionais como personais, veuse na obriga de deixar a participación activa na nosa banda, ainda que para nos sempre pertenecerá a familia de Losto Kinsky. Moita sorte Suso en tódalas actividades que emprendas!!  E agora vos conto o da nosa última incorporación, Oscar, o batería do Peloton dos Torpes, que dá un pasiño adiante, apúntase o pluriemprego e vainos axudar a facer rock,n,roll do bo.

Polo demáis, como xa comentei,  volvemos os concertos tras un largo periodo sen actuar en vivo, así iniciamos co concerto que dimos no Maui o pasado 3 de marzo, de casi duas horas e media e 25 temas, e continuamos co que ofreceremos mañá na sala Doppler as dez da noite. 

Como exemplo das novidades que poderedes atopar na actuación deixámos aquí o clip de NACÍN PARA RODAR, versión do BORN TO RUN do boss, ainda con Suso na batería.

Abrazos e bicos para tod@s, e moito rock,n,roll...